Catro viños de sabor envolvente, refrescante e cun punto goloso. Todos eles destacan pola súa autenticidade e pola mesma esencia nova, urbana e moderna.
E ti… qué estilo prefires hoxe?
MARIETA ALBARIÑO
Viño descarado, moderno e máis carismático que ninguén. Para urbanitas con esencia Atlántica, que lles gusta compartir plans con amigos, probar distintas gastronomías, ou gozar da música en directo.
MARIETA ROSÉ
Viño auténtico, divertido e sedutor. Para persoas trendy, chic e románticas. Sempre á última en tendencias, goza compartindo a súa forma de vida co mundo.
MARIETA RIBEIRO
Viño alternativo, aventureiro e relaxado. Para a xente que lle gusta escaparse á natureza para inspirarse. Que se rodea de arte e sempre goza de ter un bo libro entre as mans.