Marieta Albariño é a versión máis auténtica e rompedora do albariño. Un viño descarado, moderno e máis carismático que ninguén. O seu sabor fresco e doce convida a descubrir o mundo do viño, a vivir con cada sorbo unha nova experiencia.
De personalidade urbanita con esencia Atlántica, Marieta é un albariño 100% que nace da cor e da esencia mariñeira das costas galegas, para converterse no primeiro albariño semiseco de Rías Baixas.
Un albariño que deixa atrás convencionalismos e estereotipos. Sen complexos, Marieta Albariño non segue as normas e busca outras formas de abrirse paso na súa viaxe polo mundo, conquistando e sen deixarte indiferente, un albariño que envolve entre matices cítricos de pomelo, mango e lichi.
Marieta Albariño é unha invitación a vivir experiencias distintas, maridaxes únicos, momentos inesquecibles.