Marieta

Albariño

Marieta

Albariño

Marieta Albariño é a versión máis auténtica e rompedora do albariño. Un viño descarado, moderno e máis carismático que ninguén. O seu sabor fresco e doce convida a descubrir o mundo do viño, a vivir con cada sorbo unha nova experiencia.

De personalidade urbanita con esencia Atlántica, Marieta é un albariño 100% que nace da cor e da esencia mariñeira das costas galegas, para converterse no primeiro albariño semiseco de Rías Baixas.

Un albariño que deixa atrás convencionalismos e estereotipos. Sen complexos, Marieta Albariño non segue as normas e busca outras formas de abrirse paso na súa viaxe polo mundo, conquistando e sen deixarte indiferente, un albariño que envolve entre matices cítricos de pomelo, mango e lichi.

Marieta Albariño é unha invitación a vivir experiencias distintas, maridaxes únicos, momentos inesquecibles.

XD.O.: Rías Baixas. ANADA: 2023. VARIETAL: Abariño. GRADO ALCOHÓLICO: 11,5% Vol. TEMPERATURA DE SERVIZO: 10-12ºC. MARIDAJE: Peixes, comida xaponesa e tailandesa, mariscos, pratos con curry e queixos frescos.

FASE VISUAL Amarelo palla con reflexos verdosos. FASE OLFATIVA Boa intensidade aromática con notas de froita madura de óso, pexego, albaricoque, macedonia, notas cítricas de laranxa e flor de azar. FASE GUSTATIVA Entrada en boca envolvente, con densidade. Lambón con bo equilibrio de frescura. Moita froita en retronasal.

Coñece ao resto da familia

Unha experiencia nova en cada viño. Que Marieta te sentes hoxe?