Marieta Sin é un viño branco desalcoholizado, desafiante, innovador e refrescante.
Marieta Sin convídache a gozar, sen límites e en calquera momento, de todo o sabor e a personalidade de Marieta. De natureza curiosa, Marieta Sin non ten complexos, gústalle explorar e probar cousas novas. Unha alternativa versátil e rompedora, para que nunca te prives de gozar do momento.
Marieta Sin nace para converterse na versión máis moderna do universo A Casa de Marieta, é innovación no mundo do viño, ofrecendo unha alternativa sen alcol de calidade, que conserva a esencia, o sabor e o frescor do albariño.
A súa esencia Atlántica nace do frescor das costas galegas. Déixate envolver polas súas afroitadas notas cítricas, acompañadas dun fondo floral. Un viño para cando queres gozar sen preocuparche, co que non perderte ningunha experiencia, e para que saborees a vida sorbo a sorbo.
En terrazas con amigos, en momentos de desconexión e relax, para un brunch de fin de semana, comidas improvisadas… Marieta Sin é o perfecto acompañante!